top of page

 Dende 2009, Juanchi Reyes, Carli Míguez e Xoel Schwarz, crean a unión perfecta deste power trio. Destacan por ser capaces de levar calquera canción ao seu propio estilo. Os seus directos cun amplo repertorio de versións comprendidas entre os anos 60' e 80', fan que R.M.S. non sexa unha banda máis e que o seu espectáculo traballado vocal e instrumentalmente, sexa unha autentica experiencia musical. Unha lista exquisitamente clásica na que son capaces de mesturar con fluidez diversos cortes de bandas como Pink Floyd, The Who, The Beatles, Creedence, Cream, Rolling Stones, Led Zeppelin, Deep Purple, Rainbow, The Doors e un longuísimo etcétera, con distintos estilos, pero un común denominador que é o Rock&Roll.
 Se queredes ver o gran potencial desta banda, non deixedes pasar a oportunidade de ver o seu impresionante directo.

R.M.S. Rock Band
bottom of page